Quantcast
Channel: Pontevedra nos anos do medo
Viewing all 229 articles
Browse latest View live

A morte do home que tocaba o bombardino

$
0
0
O meu agradecemento á persoa que me facilitou o acceso a este documento.

    O estudo de diversa documentación e os testemuños de varias persoas fixeron que sempre sostiveramos  a existencia  dunha actividade grande de grupos falanxistas nas primeiras semanas logo do golpe, e tamén a necesidade de contemplar, dentro das formacións que destacaron pola súa actividade represora -como é o caso da Guardia Cívica-  as diferenzas entre a xeneralidade de membros e un grupo, máis reducido e con participación de elementos externos, que foi quen efectuou os labores máis específicos de represión cruenta.
 A achega do documento que se reproduce a continuación é unha proba máis neste senso: dunha parte confirma o sinalado nunha entrada anterior sobre a participación falanxista na desaparición e morte de Raimundo Rodríguez Neira, músico que tocaba o bombardino na banda de música municipal de Pontevedra; por outra, relata a actitude de repulsa diante destes crimes por parte dunha persoa, Isidro Taboada Tabanera, alférez de Enxeñeiros, que desempeñaba o cargo de alférez da Guardia Cívica, e que tivo o valor de denunciar con todo detalle o sucedido. A declaración xurada entregoulla a seu irmán acompañada dunha nota na que se despide por marchar á fronte de batalla e indicando: “te mando eso por si me ocurriese una desgracia que tu hagas de el lo que creas conveniente en dicho caso”.
     A desaparición ou a imposibilidade de acceso a un hipotético arquivo da Guardia Cívica, impídenos coñecer que pasou co parte de servizo sobre este feito e a existencia doutros semellantes.
    O documento non precisa maiores comentarios, o deterioro do papel fai que haxa algunhas palabras desaparecidas pero que non impiden a comprensión do mesmo.

 (Sinálanse con corchetes as partes que faltan e respéctase a ortografía e redacción orixinal).

Pontevedra 19 de Octubre  de 1.936.
    Declaración jurada sobre el asesinato del bombardino de la Banda Municipal de Pontevedra D. Raimundo Rodríguez, hecha estando en perfecto estado de razon por el Alferez de Ingenieros Don Isidor [Isidro]Taboada Tabanera.
    El que suscribe antes de marchar al frente de guerra a incorporarse a su regimiento prestaba sus servicios como Alferez de la Guardia Civica de esta capital y una noche haciendo un servicio de tantos de ronda por el pueblo adelante en compañia del Sargento Rafael Vila, y de otros guardias civicos entre los que recuerdo a Luis Estevez Rocafort, Jose Landin, y otros que por estos citados llegarían a encontrarse, fui advertido por el sereno de comercio de la calle Michelena que unos falangistas de muy malas maneras le habian preguntado por la casa donde dormia el antes citado musico y como no supiese le amenazaron por encubridor siendo esto lo que lo movio a notificarmelo a mi por si algo le pasase. Continuando despues  mi  servicio de ronda hasta que a la vuelta a nuestro cuartel al llegar a la altura del Bar Calixto oimos unos disparos de pistola cercanos y dimos corriendo vuelta has la plaza de la Peregrina donde el sereno anteriormente citado y el de los Soportales conocido por el Marinerito nos indicaron que los diparos sonaran hacia donde estaba la Emisora de Radio y como hera mi obligacion fui corriendo con los de la ronda hacia el sitioo indicado donde nos salio un falangista al paso diciendonos que nos marchasemos y entonces mande p
arar la fuerza que venia a mis ordenes y me destaque yo solo para cerciorarme sobre lo ocurrido y poder dar las novedades consiguientes a mis Jefes  aunque sin que me perdiesen de vista mis soldados por si me pasaba algo y entonces reconoci al Falangista AlfonsoTemes Dieguez que ostentaba unos galones de Sargento del Ejercito, con una pistola larga y de calbre grande el cual medijo que el “desgraciadode Raimundo se le habia intentado es capar y que le habian disaparado un cargador entero creyendo que hiria herido y que habia que hacer lo mi [ ] el resto de los musicos”. Mi [  ] decia esto se acerco a nos [  ] gista en quien reconoci a un chofe [  ] Marin de estatura mediana y [  ] llael cual le dijo que se habia intentado escapar el preso y de  [  ] eras le contesto el citado Temés que no servian para nada pues de [  ] ado en el momento con lo cual ahorraban tiempo. Tambien me dijo T [  ]as habia realizado otro buen servicio y me enseño unos guantes largos [  ] en la cual habia una estrella roja de cinco puntas diciendome que heran de [  ]
    Con el fin de que este alevoso asesinato no que de impune hago esta declaracion para aclarar sobre la participacion de los citados Temes y Ribadulla en el y firmo la presenten Pontevedra a 19 de Octubre de 1.936
Isidro Taboada Tabanera

Himno para os artilleiros

$
0
0

    As tropas que saíron á rúa en Pontevedra o 20 de xullo de 1936 pertencían ao Rexemento de Artillería nº 15, de gornición na capital e mandado polo coronel Mario Sánchez. O día 28 de agosto daquel ano, o xornal El Diario de Pontevedra daba conta da recepción dunha carta enviada por unha “coruñesa amante de nuestra Bandera bicolor y del Ejército salvador” e que asina coas iniciais J.M.F. ; ao parecer observara o entusiasmo co que os artilleiros pontevedreses cantaban o himno da Lexión e pensou na necesidade de que tiveran un de seu, aínda que fose aproveitando a música do himno lexionario. Parece interesante que lembremos aquí a letra proposta, non precisamente polas súas virtudes poéticas, pero si como mostra do ambiente patriótico reinante.
Soy valiente y leal artillero;
soy soldado que voy a luchar
defendiendo mi Patria querida
contra el enemigo mortal.
Despreciando la vida cumplimos
la promesa que hicimos allí;
de salvar nuestra amada Bandera
de las hordas rojas que la quieren hundir.
Estribillo
Artillero, artillero,
que no temes al marchar;
solo pensando en España
te decides a luchar.
Artillero, artillero,
tu valentía sin par
viendo la Patria ultrajada,
será pronto coronada
Artillero
por la gloria de triunfar.
Está triste nuestra amada España
como madre que es de la nación
al ver que entre sus hijos queridos
los hay que reniegan del blasón.
Esos hijos son unos ingratos
esos hijos no tienen amor,
y por tanto hay que redimirlos
con nuestro entusiasmo y nuestro valor.

Portugueses en Galicia

$
0
0

    Escribir sobre a traxectoria de Dionisio Pereira como investigador e acerca do seu compromiso para botar luz sobre as etapas máis escuras da nosa historia é innecesario neste blog, onde xa se falou doutras obras da súa autoría.
    Nesta ocasión, facémolo  sobre a  recente aparición da obra “Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)”, editado por Através Editora.
    O papel da comunidade portuguesa no noso país foi, ata agora, unha desas áreas que permanecían na escuridade, ignorada pola inmensa maioría de galegos e portugueses. O libro de Dionisio Pereira racha con ese descoñecemento e achéganos información sobre diversos campos: o fenómeno migratorio portugués de finais do século XIX e primeiro terzo do XX cara ao noso país; o mundo dos exiliados políticos do país veciño con anterioridade a 1936; tamén destaca o seu tratamento da represión dos golpistas españois sobre traballadores portugueses que vivían en Galicia, moitos deles cunha actuación destacada no asociacionismo obreiro.
    Dende os últimos anos do XIX, os obreiros portugueses foron utilizados por determinados patróns como crebafolgas; así foi o caso, na nosa cidade, do coñecido contratista Benito Corbal, acusado de contratar “esquirois” portugueses para rebentar conflitos cos seus obreiros. As iniciativas de  solidariedade entre obreiros de ambos lados da Raia fixeron que, pouco a pouco, este tipo de prácticas foran desaparecendo.
    Exiliados políticos de diversas tendencias tamén tiveron Galicia como residencia ao longo deste período, e Dionisio Pereira préstalle demorada atención á época republicana.
    O capítulo máis extenso está adicado á represión franquista contra os portugueses, que afectou ao redor de trescentas persoas, das que preto de setenta foron asasinadas. Foron reprimidos polo seu compromiso político e social e non pola súa nacionalidade. Analiza os diferentes casos e tamén a actitude cómplice  das autoridades portuguesas; non falta tampouco a referencia ás actividades de fuxidos e guerrilleiros nos territorios da Raia. Destacamos o anexo formado por pequenas biografías das vítimas, no que podemos atopar veciños da comarca pontevedresa, como António Fernandes Guimarães, António Moreira, Manuel da Silva Barbosa, Francisco Alves Vidal, entre outros, así como os fusilados na capital procedentes doutras localidades: Manuel Graciano Araújo, Adonis Teixeira Alonso (“paseado”) e Augusto Afonso Gonçalves.
    En resume, un libro fundamental para coñecer este anaco da historia e que abre un camiño a novas vías de investigación nas relacións transnacionais entre Galicia e Portugal.

A celebración da Victoria.

$
0
0
    Hoxe cúmprense 75 anos da vitoria das tropas franquistas  sobre as republicanas; nesta entrada falaremos  de como se viviu en Pontevedra este feito.
As tropas galegas mandadas polo xeneral Aranda entraran en Valencia e o presidente da Deputación pontevedresa, Jacobo Rey Daviña, envíalle un telegrama de felicitación do que  destacamos  este ardoroso parágrafo:

 “El honor español es ya religión de los combatientes. Banderas de victoria, uniformes disciplinados, himnos nacionales, patriotismo ganado a sangre, iluminado por la creencia y mantenido por la escuela guardan la realidad venturosa de la Imperial soberanía de España.”
 Os xornais do día 2 de abril de 1939 ilustraban a portada co parte de fin da guerra e, algúns, reproducían a charla que o xeneral Queipo de LLano, lembrando os tempos en que o facía a diario, efectúa en Radio Sevilla; nesta charla anunciábanse  os padecementos que se aveciñaban para os vencidos:
 “La justicia de Franco caerá sobre los animales que combatieron a su Patria, y la justicia de Dios caerá sobre los animales exóticos, pues no puede quedar sin castigo tanto estrago, tanta ruína, tanta desolación y tanto crimen como ha ocurrido en España.”
 Tamén se refería ao sucedido no santuario de santaMaría de la Cabeza e un grupo de “camisas viejas” pontevedreses queren ser os primeiros en contribuír para reconstruílo e achegan 150 pesetas, este grupo está formado por: Alfonso e Felipe Temes, Pedro Castiñeiras, Emilio Boullosa, José Viñas, Carlos Hermida, Juanito Vázquez, Eduardo e Andrés Rodríguez, José Estévez, Manuel Rodiño, Manuel Noval, Jaime Carral e Eduardo Silva.   
    Os “camisas viejas” da Falange pontevedresa e outros “elementos de probado patriotismo” organizan unha cea no café Méndez Núñez, ao remate sucédense os cantos dos himnos de Falange e dos países amigos, Italia, Alemania e Portugal, así como os vivas aos seus dirixentes; o coñecido poeta “El Abuelo” aproveita para recitar uns poemas que foron moi aplaudidos.
Sucédense os donativos, entre eles o de Alejandro Mon Landa que aporta mil pesetas “con motivo de la total liberación de España”, días despois sería detido, xunto con varios membros da vella dereita pontevedresa, por manter reunións non autorizadas.
O domingo 2 de abril, o xornal El Pueblo Gallego publica un soneto titulado “A Franco”:

Del Hacho al Pirineo has ascendido,
Vega de Espadas, con el pie ligero;
Y desde tu Galaico mar primero,
El de Ulises contemplas redimido.
Al oficio de Alcázar ascendido,
De campamento duro y sol guerrero,
Sueña otra vez el Orbe por sendero
Tu solar de Castilla defendido.
Padre de armas y paz; por tu promesa
Vuelve Occidente a revelar su empresa,
Y el Levante dilata su hermosura,
En proa al Sur y el Norte asegurado,
Y tú en cuartel, de pueblo acompañado,
Que exige en ti su joven aventura.
    A igrexa  tamén se suma: o arcebispo de Santiago dita unhas disposicións para a celebración de actos relixiosos con motivo do final da guerra e os párrocos pontevedreses dispoñen que o “sábado de gloria” se cante un Te Deum na igrexa de santa María, con asistencia das autoridades, e anunciado por retoque de campás en todos os templos; na capela da Peregrina reunirase “bajo precepto grave” todo o clero, regular e secular,  para cantar unha salve á Virxe e a antífona e oración  a Santiago, en acción de gracias polo fin da persecución relixiosa, así como o rezo dun padrenuestro polos relixiosos asasinados.
    Os presos do cárcere non podían quedar á marxe: logo dunha preparación chea de “celo y apostólico fervor” que efectúa o coñecido xesuíta  Petronilo Nieto ( de triste recordo pola súa actuación cos presos de san Simón), cumpren co precepto pascual nunha misa na que canta un coro de presos e toca a banda de música da Falange. Reciben a comuñón 269 presos. Obséquiase aos reclusos cun almorzo e xantar especiais ofrecidos polas autoridades.
    No terreo político sucede un feito importante: a substitución do gobernador civil, Mateos Torres Bestard, por un  comandante da Guardia Civil, o controvertido Manuel Gómez Cantos, recén ascendido por méritos de guerra pola súa actuación no exército do sur. Tamén se produce a baixa no exército, por desafecto, do  que fora coronel xefe do rexemento de artillería, Mario Sánchez.
    Pero os actos oficiais de celebración prográmanse, de xeito unificado para toda España,  para os días 18 e 19 de maio. Nestes días, Pontevedra aparece adornada con bandeiras, cerra o comercio e moitos escaparates exhiben o retrato de Franco; a chuvia non impide o desenvolvemento dos actos. O día 18 amañece co son das  bombas e das dianas interpretadas pola banda de música de Falange, ás once, misa de campaña na Alameda seguida de desfile militar e traslado do altar e imaxe da Peregrina a lombos de falanxistas, pola noite verbena popular; o 19, ás seis da tarde, na praza da Ferrería, faise unha lectura da proclama de Franco en xullo do 36 e do parte de fin da guerra, concerto da banda de Falange e, pola noite, gran retreta militar que recorre as rúas da capital.

Primeiro de maio de 1936.

$
0
0
Para os compañeiros da tertulia dos mércores.
        Hoxe, primeiro de maio, non está de máis lembrar os actos celebrados neste día en Pontevedra no ano 1936. A expectación era moi alta pois na cabeza de todos estaba o sucedido o ano anterior: o goberno de dereitas prohibira a utilización de bandeiras pero, cando a manifestación discorría pola rúa do arcebispo Malvar, ondeou unha bandeira vermella; nas inmediacións da praza de touros, ante a intervención da forza pública, produciuse a desbandada dos manifestantes. Foron detidas varias persoas. O mitin, no que interveu  “Pasionaria”, foi moi soado e falaremos del noutra ocasión.
    En 1936 non había prohibicións, pero na cidade espalláranse rumores de que algo grave ía pasar e de que dereitistas marcharan cara Portugal. O xornal El País facía alusión a este feito na primeira páxina:

 No se atemoricen las cotorronas ni tiemblen las lechuzas que en sus penumbras auguran para el 1º de Mayo motines y fieros males porque en las tiendas se ha agotado la percalina roja. La percalina roja será en las calles, con sus vivos matices, el símbolo de la alegría popular y de la esperanza de las multitudes que trabajan y esperan, no de los parásitos que viven a su costa. Habrá, pues, alegría y júbilo, y alborozo en medio de la paz. Los que tienen mucho que temer nada teman. ¡ Bastante castigo tienen con su estado cotidiano de sobresalto y excitación!
    No transcurso do acto, varios oradores farán fincapé nas súas intervencións sobre estes rumores e destacarán a ausencia de incidentes nos actos. O mesmo xornal, ao día seguinte, aproveita para seguir sobre o tema:
 Los “patriotas canallas” demostrando una vez más su gran amor a la patria, huyeron cobardemente al extranjero temerosos de que “algo” ocurriese. Ahora se darán cuenta de que el pueblo si no se le provoca, no se sale nunca de los cauces de la legalidad.
    Pola mañanciña, as bombas de palenque e as dianas interpretadas pola banda municipal de música despertaban á poboación. Pouco a pouco chegaban á praza do Muelle grupos de persoas pertencentes a organizacións agrarias, obreiras, xuventudes... que se concentraban nas inmediacións do Centro Obrero.  A manifestación toma a saída ás 10 e media; durante todo o traxecto soa a música da Internacional, interpretada pola banda e coreada polo Orfeón Obrero e polos asistentes. Detrás da presidencia desfilaban as milicias antifascistas uniformadas, compostas por xente moza de ambos sexos. O percorrido discorreu polas rúas da Ponte, Pi e Margall (actual rúa Real), Curros Enríquez, Ferrería, Peregrina, Oliva, Riestra, Palmeiras, Montero Ríos, praza do concello, Echegaray (hoxe rúa Alameda) e praza de touros. Ao pasar diante do Goberno Civil (actual Deputación) detívose a marcha e cantouse “La Commune” diante do gobernador e do comandante xefe da Guardia Civil que estaban no balcón. Pasadas as once chegou á praza de touros e deu comezo o mitin ao que asistiron, segundo a policía, unhas seis mil persoas.
    Fixo a presentación o vicepresidente da Federación Obrera, Rogelio Suárez González, que falou sobre a significación do acto e insistiu na sensatez e cordura dos asistentes. Luis de Sáa, presidente das Xuventudes Unificadas, explica a importancia que tivo a unificación das xuventudes e invita a que se unan tamén as xuventudes campesiñas. Chama a superar o equívoco de considerar aos campesiños galegos como burgueses polo feito de posuír minúsculas propiedades e di que son tan obreiros como os das fábricas e talleres polo que deben agruparse nas organizacións obreiras e cooperar na unificación da clase traballadora.
      En representación da Federación Obrera toma a palabra José Acuña Gallego, que se centra no problema  do elevado paro e critica aos gobernos anteriores por non ter feito nada para arranxalo. Tampouco esquece a problemática agraria e gandeira así como a da pesca. Pide á xuventude que loite para implantar unha sociedade máis xusta e equitativa.
    Francisco Fernández Blanco, “Sacheiro”, ten unha intervención  moi dura: critica os novos impostos que agravan, aínda máis, a situación dos agricultores, ataca ao capitalismo e considera que a situación non está para facer xogos florais senón que hai que organizarse para dar a batalla final

 con los emblemas del trabajo que figuran en la bandera proletaria aplastaremos -agrega- y segaremos la cabeza del odioso capitalismo e implantaremos nuestro Gobierno obrero y campesino. (El País, 2-5-36).
 O informe da policía achega máis información sobre a intervención deste dirixente agrario  indicando que se doera de que o sistema actual facía posible a existencia de terras sen campesiños e de campesiños sen terra, e que había que ir dereitos á implantación do réxime comunista, único que daría xustiza ao obreiro da terra e que “llegará un día en que los martillos de los obreros machaquen las cabezas de los burgueses al unísono de la hoz campesina que irá segando estas.” (Informe da comisaría, 1-5-36. AIMN)
    O partido comunista ten a súa voz en Manuel García Filgueira que insiste no bo comportamento que tiveran os asistentes á manifestación; tamén fai alusións a que a clase obreira non ía facer este primeiro de maio a revolución pero que se fará ao seu debido tempo, que xa está en marcha e que o triunfo será inevitable. Serán só os obreiros  os que dean a batalla para derrubar o fascismo porque non teñen o apoio de ninguén máis; denuncia o trato desigual que se daba nas comisarías a fascistas e antifascistas e que, en outubro do 34,  “ en unos calabozos de apenas dos metros de cubicación se encerró a catorce hombres que se morían de asfixia.”
    Miguel Villalta, deputado do PSOE por Alicante, fai un chamamento á unidade sindical para impedir a implantación do fascismo e chama a implantar a ditadura do proletariado como paso intermedio para o réxime socialista e espera que o vindeiro ano “sea ya un hecho la consecución del verdadero significado de esta fiesta.”
    O acto remata pasada a unha da tarde e sen incidente algún, pola tarde houbo xira pola avenida de Buenos Aires e verbena.

       En moitas publicacións faise referencia a uns incidentes con falanxistas en Pontevedra, en realidade estes sucederon en Tabeirós  (A Estrada) nunha pelexa entre falanxistas e esquerdistas e na que os irmáns Castro Pena (falanxistas) foron detidos por ferir a un esquerdista. Estes feitos levaron á declaración de folga xeral naquela localidade.
    As peticións que se elevaron ao goberno foron as seguintes:
1º Recoñecemento polo goberno español do goberno da URSS.
2º Inmediato cumprimento do Pacto do Bloque Popular, e no que se refire a responsabilidades, pedimos o rápido encarceramento de todo o goberno Lerroux-Gil Robles.
3º Xornada de 44 horas semanais.
4º O mesmo salario para homes e mulleres que realicen igual traballo.
5º Creación ininterrompida de escolas e acceso da xuventude obreira ás aulas universitarias.
6º Dereitos políticos para os mozos de 18 anos, incluso os soldados.
7º Abolición dos foros, que sexan reintegradas aos campesiños as cantidades achegadas para a súa redención e que se rebaixen todos os impostos que gravitan sobre os campesiños pobres e medios.
8º Extensión do crédito agrícola.
9º Socorro polo Estado aos obreiros sen traballo.
10º Expropiación dos bens do clero e da igrexa, en beneficio dos obreiros e campesiños pobres.
11º Expulsión do exército e corpos armados de todos os xefes e oficiais monárquicos e fascistas.
12º Suspensión de toda a prensa monárquica e fascista, incautación das súas imprentas e encarceramento dos seus dirixentes.
13º Recoñecemento polo Estado das milicias obreiras e campesiñas.
14º Humanización do réxime de prisións.
    A sorte dos oradores que interviñeron no mitin foi mala: Miguel Villalta, fusilado en 1942 en Alicante; José Acuña  e Francisco Fernández foron “paseados”, Rogelio Suárez, Luis de Sáa e Manuel García estiveron fuxidos e sufriron cárcere.

O caso Lago Búa.

$
0
0

Fai algún tempo, un dos amables comentaristas deste blogue suxería que se adicase unha entrada a tratar a figura de Fernando Lago Búa; atendemos a suxerencia e facemos un breve relato sobre este personaxe.
Fernando Lago Búa era membro dunha coñecida familia de carniceiros pontevedreses; en 1934 ingresou por oposición (co número 140) no corpo de seguridade interior de prisións. Amante do fútbol, ocupou o cargo de vicepresidente do colexio galego de árbitros en 1935. Estivo destinado no penal de El Dueso. En setembro de 1936 foi nomeado inspector das prisións provinciais de Pontevedra, ou sexa, a máxima autoridade penitenciaria da provincia. Daquela militaba no partido carlista.
Dende os primeiros días da súa toma de posesión organizou un sistema de donativos, con moita publicidade nos xornais, destinados a remediar as carencias do elevado número de presos; este labor humanitario foi moi gabado nos medios de comunicación.
Noutras entradas deste blogue demos conta do sinistro sistema de “sacas” dos cárceres (A Normal, san Simón...) que remataban co “paseo” dos presos en diversos lugares. O coñecemento deste feito provocaba o lóxico terror nos presos e a situación propiciaba que detidos e familiares tentasen, por todos os medios ao seu alcance, evitar ser obxecto destas “sacas”. Isto foi aproveitado por algúns cargos do réxime golpista que viron a posibilidade de aproveitarse economicamente ou doutras maneiras.
Foi o caso de Fernando Lago Búa e do médico de prisións Francisco Bustelo Bustelo (algunhas fontes apuntan tamén a outras autoridades máis relevantes), que extorsionaban a presos facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que con determinadas cantidades de diñeiro poderían influír para evitalo. Tamén se testemuñan demandas de tipo sexual sobre as mulleres dalgúns presos. Posiblemente estas actuacións non transcendesen de non ser o caso que tivo como protagonista ao coñecido médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez, antigo afiliado á loxa masónica Vicus nº 8 co nome simbólico de Bernard, afiliado á CEDA e detido no cárcere da rúa do Príncipe e logo en san Simón por atoparlle no seu domicilio unha escopeta sen licenza. Sabedores da boa posición económica do recluso, conseguiron que asinase un documento comprometéndose a pagar a cantidade de 200000 pesetas, como medio para ser tachado da lista. A familia do médico puxo o sucedido en coñecemento dun influínte amigo, Severiano Martínez Anido, ex-ministro de Gobernación na Ditadura de Primo de Rivera, presidente do Patronato Nacional Antituberculoso e futuro responsable de Orden Público do réxime; iniciáronse investigacións que deron como resultado a comprobación destas e doutras irregularidades e a detención de Lago, Bustelo e un colaborador, Cándido Barros Martínez. Foron detidos o 14 de novembro de 1936 e abriuse a causa 1219/36 na que actuou como instrutor o comandante Luis de Vicente Sasiain. O consello de guerra, presidido polo tenente coronel Lino Cordal, celebrouse en Vigo o 21 de decembro. O fiscal sostivo que, ademais destas extorsións, beneficiábanse ilicitamente dalgúns servizos da prisión en prexuízo dos presos e dos intereses nacionais. Solicitou a pena de morte e dous millóns de indemnización. Os procesados renunciaron a asistir ao xuízo.
O comandante militar da praza de Vigo, Felipe Sánchez, asinou o 5 de xaneiro de 1937 a seguinte nota:
En el día de hoy han sido pasados por las armas después de recibir los Santos Sacramentos, los paisanos Francisco Bustelo Bustelo y Fernando Lago Búa, que hubieron de ser juzgados y condenados a la última pena en Consejo de Guerra sumarísimo celebrado el día 21 de Diciembre del año anterior.
O fusilamento tivo lugar no Castro, ás once da mañá, por un piquete mandado polo tenente da Guardia Civil Francisco González Rodríguez“O Rabioso” a quen algúns consideran como outro dos integrantes da trama extorsionadora ( outros nomes que se apuntan son os de Víctor Lis, Ricardo Macarrón, capitán Gándara...)
Sobre a figura de Lago Búa e o funcionamento da colonia penitenciaria de san Simón existen interesantes publicacións como os clásicos: Caeiro, Antonio e outros. Aillados. A memoria dos presos de 1936 na illa de san Simón.Vigo: Ir Indo, 1995. Mosquera, Evaristo. Catro anos a bordo dunha illa. Vigo: A Nosa Terra, 2006. Amoedo, Gonzalo e Gil, Roberto. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Vigo: Edicións Xerais, 2006.

Depuración no maxisterio

$
0
0
“ En cuanto a sus ideas religiosas más bien le tengo por frío e indiferente.” Así opinaba o cura da parroquia pontevedresa de san Bartolomé no preceptivo informe que emitía sobre un mestre; nesta ocasión o mestre sae ben librado pois, como tamén afirma  dito cura “ nunca se dejó llevar por extremismos, ni dió enseñanzas contra los principios de la moral.” Na represión do maxisterio, a Comisión depuradora do persoal do maxisterio primario solicitaba informes a diferentes instancias: cura, pais de familia “de boa reputación”, Guardia Civil, alcaldía, inspección...
    O mestre que nos ocupa non parece dubidoso nas súas simpatías (repárese no que entendía o concello por  carencia de filiación política), o informe municipal afirma:

 “ es de buena conducta en todos los órdenes, carece de filiación y actuación política, estando considerado como apolítico con tendencia derechista. Es entusiasta del Glorioso Movimiento Nacional en cuyos primeros momentos salió de esta Capital en el Batallón de Voluntarios.”
    Cada mestre tiña unha ficha na que figuraban apartados como Relixión, Moral, filiación e actuación política, simpatías por algún partido. Na inspección educativa tamén se elaboraba unha ficha na que, ademais dos aspectos relacionados coa profesión, tamén se contemplaba a ideoloxía política e a moral cristiá.  Non era  infrecuente que os informantes, por non querer prexudicar ao mestre ou por outros motivos, redactasen o escrito dun xeito impreciso ou obviando os puntos máis conflitivos; para evitalo existía un modelo-guía do que  tratamos os apartados e preguntas máis significativas.
Conduta profesional, con preguntas centradas na súa actuación pedagóxica; conduta social, con preguntas como: 

¿En que relaciones estaba o está este Maestro con las Autoridades? ¿Y con el vecindario? ¿Se mezcló en asuntos de obreros o del campo? ¿en que sentido?; conduta particular, ¿su conducta ha sido y es digna de un maestro? Conceptuación religiosa que le merece. 
 No referente á actuación política, aparte de solicitar a conceptuación política a xuízo do informante, as preguntas son máis precisas:
 ¿Estaba afiliado a algún partido del Frente Popular? ¿Y a la Masonería, Federación de Trabajadores de la enseñanza o alguna otra entidad parecida? ¿Simpatizaba con la política izquierdista, centro o galleguista? En la Normal ¿hizo propaganda izquierdista? ¿Ostentaba periódicos de izquierda? ¿cuales? ¿Cantó la Internacional o algún otro himno parecido? ¿Saludó en alguna ocasión con puños en alto? ¿Concurrió a actos o manifestaciones extremistas? ¿Hizo propaganda de esta política fuera de la Normal? ¿Sabe V. Si tomó parte en actos políticos de un modo directo?.
    Como remate do procedemento, a comisión depuradora emitía unha resolución que sería confirmada (era o habitual) pola Comisión de Cultura y Enseñanza.
     O gobernador civil, tte coronel Macarrón, publica o 1-9-36 unha resolución que, con posteriores ampliacións, suspende de emprego e soldo a 343 mestres e 95 mestras de toda a provincia e que en Pontevedra capital son: Germán Adrio Mañá (escolas Maceda), María Alonso Pérez (Mourente), Casimira Amigo Barallón (Marcón 2), Manuel Carrera Gómez (Ponte do Couto), Ulpiano Castro Iglesias (Escolas Maceda), Josefa Crespo Bóveda (Lourizán), Juan Fernández Seisdedos (A Moureira), José Ferro Cerviño (O Burgo), Francisco Ignacio García García (Alba), Alfredo García Hermida (escolas Maceda), Felipe Lage Portela ( Salcedo), Mª Carmen Lago Lois, Isolino Martínez Pérez (Mourente), Gonzalo Martín March (preparatoria), Antonio Morales Bea ( Marcón 2),  Paulo Novás Souto (preparatoria), Teresa Núñez Vila, Antonio Pereiró Villanueva (Marcón), José Ron Cabarcos (Salcedo), Francisco Tilve Adrio (A Moureira) e Eduardo Muíños Búa (Verducido). A maioría foron sancionados  e algúns como Ulpiano Castro confirmados no posto. En xaneiro do 38 aparece como sancionado con seis meses e traslado a Cáceres o mestre da Seca Emilio Álvarez Gallego, e con suspensión de emprego por un mes Gloria Seoane e Antonio González Novás e cun mes e traslado dentro da provincia Herminia Castrillón. Tamén foron depurados profesores do instituto (Castelao, Tafall, Lozano), da escola do traballo ( Echeverría, Otero, Ferreira), inspectores ( Rogelio Pérez, José Gabaldón, Pedro Caselles, José Linés) e da Normal como Ernestina Otero ou Luis Santos.
    A comisión de depuración de mestres estaba presidida polo  director do instituto Secundino Vilanova Rivas e actuaba como secretario o inspector Juan Novás, posteriormente substituído por Olimpio Liste Naveira; eran vogais o mestre Luis Pintos Fonseca, antigo membro do Grupo Nazonalista Galego, da Unión Regional de Derechas e afiliado a FET, posteriormente sacerdote e presidente da asociación  de mestres católicos, Ricardo Melero, presidente da asociación de pais de familia e personaxe destacado da patronal e da dereita e Jorge Vázquez Fernández, mestre, (máis tarde inspector), sacerdote, “cívico” e falanxista. Como se ve, comisión cunha forte compoñente clerical e reaccionaria. Con posterioridade sufriu cambios nalgún dos seus compoñentes, un dos seus presidentes foi o director do Instituto pontevedrés José Fernando Filgueira Valverde que, durante un tempo, simultaneará o cargo co de delegado do xulgado superior de revisións, desde este último cargo hai constancia da súa intercesión a favor de varios mestres.
Esta comisión foi a encargada de levar a cabo a tarefa de represión sobre os mestres, por certo xa anunciada nos primeiros días do golpe, véxase o xornal El Compostelano que, nunha data tan temperá  como o 5 de agosto de 1936,  apuntaba:
“ La culpa está más arriba. Esos maestros de todas las esferas que tienen a gala predicar el sin Dios, sin Patria, y sin ley, por encima de toda Moral, o mejor aún desbordando toda Moral, esa es la montaña que hay que volar con dinamita, sin aplazamientos.”

Memoria do mar de Cangas.

$
0
0


Acaba de saír á rúa un novo libro: “A alianza mariñeira de Cangas 1914-1936” editado pola A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas. Os autores son Antonio Nores Soliño e Iago Santos Castroviejo; os dous teñen demostrado o seu bo facer e coñecemento da historia do Morrazo na exhaustiva “Historia de Cangas, 1900-1936”; de feito este libro é unha versión dun dos seus apartados, posta ao día coas últimas investigacións e coa documentación achegada polas causas militares contra dirixentes mariñeiros de Cangas.
O libro está estruturado en tres grandes apartados: o ascenso do movemento obreiro e democrático, 1914-1923; a segunda república, 1931-1936 e a traxedia, 1936. Non falta unha reflexión final significativamente titulada “Cen anos despois.”
No primeiro capítulo prestan especial atención ás folgas xerais de 1917 e 1919 así como á oposición que a Alianza mariñeira levou a cabo contra o entramado caciquil que controlaba a situación política do momento.
No capítulo segundo detállase a situación social deste período, sobre todo o devir do sindicalismo mariñeiro co avance da implantación da CNT; a folga xeral de outubro de 1934, que tivo bastante repercusión en Cangas, é outro dos obxectos de análise. No plano estritamente político trátase especialmente a organización e programa da Fronte Popular.
O terceiro capítulo titúlase “A traxedia” e serve para adentrarnos paso a paso no sucedido no período inmediatamente anterior e posterior do golpe militar. O máis destacado, xunto coa completa relación de asasinados, é a selección de testemuños persoais. É un apartado que, acaso, se queda curto á espera dunha desexable publicación monográfica e máis global sobre a cuestión e para a que os autores estarían especialmente capacitados polo coñecemento do sucedido en Cangas neses anos de terror; dende aquí animamos aos autores a abordar o tema.
Todo o anterior está artellado con abundantes referencias documentais e contempla aspectos que van máis alá dos laborais, pois enmárcase todo o proceso na situación política, social e económica da primeira metade do século XX; sen cinguirse só a Cangas senón que nos informa da situación provincial e galega.
Conta tamén cun interesante apartado fotográfico e con diversos gráficos que sintetizan aspectos importantes do tratado no texto.
Parabéns aos autores e á A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto por esta publicación que contribúe a completar o mapa da historia galega da primeira metade do século XX.

Franco, o condutor da nova España

$
0
0

Así titulaba en primeira páxina e a cinco columnas o Diario de Pontevedra do 30 de setembro de 1936, referíndose ao nomeamento do xeneral Franco como máxima autoridade dos sublevados. O 21 de setembro, nunha finca do gandeiro salmantino de touros bravos  Pérez Tabernero, reúnese a Junta de Defensa que, ata aquela data, gobernaba o territorio baixo control golpista. Agás o seu presidente, o masón e republicano xeneral Cabanellas, os demais compoñentes deciden nomear un mando único. O día 28, inmediatamente despois da toma do Alcázar de Toledo, aceptan o mando supremo do xeneral Franco, que pasa a ser xeneralísimo das forzas de terra, mar e aire e “xefe do Goberno do Estado”; esta denominación sofre unha controvertida modificación pola que se convirte en “xefe do Estado” sen limitacións temporais o que era unha xefatura de goberno de carácter provisional. Das intrigas que se sucederon en torno ao nomeamento hai moito publicado, só lembrar as proféticas palabras de Cabanellas, lembradas polo xeneral Kindelán (que non tardaría en arrepentirse de ter proposto a Franco): 
Ustedes no saben lo que han hecho porque no lo conocen como yo, que lo tuve a mis órdenes en el Ejército de África como jefe de una de las unidades de la columna a mi mando, y si, como quieren, va a dársele en estos momentos España, va a creerse que es suya y no dejará que nadie lo sustituya en la guerra ni después de ella, hasta su muerte.
Franco pronuncia unha alocución diante dos compoñentes da Junta de Defensa: 
Podéis estar orgullosos de vuestra obra. Me entregáis en estos momentos una España. Recibísteis nada más que pedazos de España. Os alzasteis en distintas regiones desplegando la verdadera bandera de España, la bandera de España encarnada en las tradiciones y en el espíritu del pueblo. La bandera de España, el símbolo de una raza que no quiere morir, que entrañaba la civilización en trance de desaparecer por las hordas rojas de Moscú. [...] Ponéis en mi mano a España. Mi mano será firme, mi pulso no temblará y yo procuraré lanzar a España al puesto que le corresponde, conforme su historia y al que ocupó en épocas pretéritas.
En Pontevedra o 30 de setembro foi declarado inhábil, o comercio pechou as portas en sinal de xúbilo e moitas casas apareceron adornadas con bandeiras. As autoridades cursaron telegramas de felicitación; a título de exemplo, copiamos o enviado polo gobernador militar Leoncio Aspe
 Me permito elevar a VE en nombre de esta provincia y en particular de las fuerzas armadas la felicitación más entusiasta e inquebrantable adhesión por su elevación a la primera Magistratura de España, que no dudamos he de hacer una, grande y gloriosa. Viva España.
Coa presencia do gobernador militar Leoncio Aspe, o civil, Ricardo Macarrón, tenente coronel Durán Salgado, presidente da Audiencia Ildefonso Baquero, comandante da Guardia Civil Joaquín Velarde e outras autoridades así como  dunha batería do 15 Rexemento lixeiro de Artillería, o alférez Ferreirós dá lectura ao bando co nomeamento mentres se disparan 21 canonazos.
Pero nestes días de fins de setembro e comezos de outubro tamén houbo novas interesantes: o bispo Pla y Deniel asina a pastoral “Las dos ciudades” na que, por primeira vez, denominábase cruzada ao golpe militar. O Papa autorizaba o uso de vasos e copas de cristal “de presentación decente” naqueles templos onde “la barbarie roja ha realizado profanaciones que privaron a dichos sagrados recintos de estos elementos indispensables para la misa y comunión.” 
 A toma de Toledo é motivo para a celebración de manifestacións, oficiais ou “espontáneas”; a máis soada foi a celebrada na noite do 27, con banda de música, cívicos, requetés, disparo de bombas de palenque, etc. Logo do consabido discurso diante do cuartel de san Fernando recorren o barrio da Moureira e disólvense diante do cuartel de Falange á unha da madrugada.
Os xornais dan conta da morte do garda de asalto, destinado en Pontevedra, José Jartín de Castro, que morrera na fronte de Asturias; hai que facer notar que en varias publicacións aparece erroneamente como fusilado polos sublevados.
Pero unha morte que conmociona a Pontevedra é a do funcionario do servizo de repoboación forestal da Deputación José Álvarez Limeses. Xornalista que utiliza o seudónimo de Zaavrel e tesoureiro da asociación da prensa. Membro dunha coñecida familia pontevedresa con varios membros cruelmente represaliados (fusilamentos de Bóveda e Darío Álvarez, persecución e depuración doutros membros...), de José podemos dicir que morreu de pena o 29 de setembro. Varios xornais publican unha nota idéntica, o que indica a súa inserción obrigada, da que reproducimos un parágrafo: 
 Todo cuanto se diga de la bondad, simpatía y afabilidad del finado sería poco, ya que puede asegurarse atesoraba en sí todas las virtudes cristianas y todas las condiciones que pueden exigirse en la vida social a una persona.
 O escritor Prudencio Taboada Tabanera escribe unha sentida nota necrolóxica no xornal Progreso: 
Nada hay tan emocionante al borde de la muerte como la saudosa evocación de la vida; pero el viajero que rindió ahora su camino ha trazado su vida en silencios magníficos, ha realizado su labor brillante, maestra, con humildad implacable [...]Su gran modestia es la que más nos obliga a reconocer y publicar sus virtudes.

Nos xornais repítese unha consigna: Saluda al estilo romano. Con el brazo extendido hacia adelante y la mano abierta. Somos latinos y este es el saludo de nuestra raza.

Dionisio González, garda urbano de Pontevedra.

$
0
0

O catorce de outubro de 1936, no alto da Caeira, ás sete da mañá, unha sección de gardas de asalto fusilaba a seis persoas: Joaquín Blanco Vázquez, barbeiro, de 45 anos e Serafín López Otero, ebanista, de 34 anos, os dous veciños de Caldas de Reis; José Vidal Puga, zapateiro, 45 anos, Manuel Puente Porto, labrador, 33 anos, José Rico Gaiteiro, peón, 33 anos, veciños de A Estrada e Dionisio González Pérez, 52 anos, garda municipal de Pontevedra. Deste último falaremos hoxe nestas páxinas.
Dionisio era natural de Tui, ocupaba o cargo de subcabo de municipais e xa tiña antecedentes pois fora detido en outubro de 1934, acusado de coaccionar ás leiteiras e outras mulleres que viñan con alimentos á cidade e non secundaban a folga; fora posto en liberdade o primeiro de novembro.
Ao triunfar o golpe militar do 36 foi detido e instrúese a causa 978/36 na que aparece como acusado. Actúa de instrutor o comandante Fernández de los Ríos que lle atribúe os cargos de ter requisado e distribuído armas, capitanear grupos armados e tratar de deter a dous oficiais do polígono de tiro Janer de Marín así como de requisar un automóbil militar. O consello de guerra celebrouse o sete de outubro de 1936 e estivo presidido polo tenente coronel do rexemento de artillería Durán Salgado. No xuízo precísanse máis as acusacións e o fiscal considérao axente de enlace do “alcalde comunista de la capital”, que se distinguía como extremista; os informes cualifícano como
  individuo militante y de acción, revolucionario comunista afiliado también al partido socialista, destacado siempre por su intervención en cuantos actos de tendencia revolucionaria tuvieron lugar en esta capital.
 En canto á intención  de deter aos oficiais da Marina que, na noite do 19 de xullo, viñan a animar aos militares acuartelados  a que deran o golpe,  o intento de Dionisio e o grupo que o acompañaba para detelos foi frustrado pola saída das tropas da garda do cuartel. Outra acusación era a de pertencer á “Checa” (utilizamos a nomenclatura dos golpistas) do goberno civil, que era como cualificaban ao grupo máis activo que alí actuaba. Ademais era un dos “elementos agitadores de las masas congregadas en Pontevedra para hacer frente al Ejército.”
O seu defensor foi o capitán Leonardo Enríquez que tratou de xustificar ao seu defendido baseándose no deber que tiña de obedecer as ordes do alcalde, polo que pide a absolución ou unha suavización da pena. Condénano a morte por un delito de rebelión militar.
Ás catro da madrugada do día de execución entraron en capela, foron acompañados polos seus defensores, os xuíces e dous cregos: o franciscano padre Luis (Luis Mª Fernández Espinosa) e o carlista, capelán das monxas clarisas de santa Clara e que, posteriormente, sería capelán do penal de Figueirido, Marcelino Torres Villar (o coñecido “Miss Clero”). Dionisio e dous reos máis rexeitaron os auxilios espirituais. Os cadáveres foron levados ao cemiterio de san Amaro.
Nestas datas nas que todos os representantes municipais pontevedreses acordaron homenaxear aos políticos e funcionarios municipais represaliados, non está de máis que fagamos un recordatorio de Dionisio González.
En entradas anteriores xa nos temos referido a outros concelleiros e funcionarios represaliados.

Doce de novembro de 1936.

$
0
0

Neste ano de 2014 cúmprense setenta e oito anos do fusilamento de dez persoas que ocuparon postos relevantes na política pontevedresa, na etapa anterior ao golpe de estado de 1936. Os seus nomes eran: Juan Rico González, de 42 anos, capitán da garda de asalto; José Adrio Barreiro, 26 anos, avogado e xestor provincial; os mestres Germán Adrio Mañá, de 48 anos , Paulo Novas Souto, de 36 e Benigno Rey Pavón, 27 anos; os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, 42 anos, Telmo Bernárdez Santomé, 51 anos e Luis Poza Pastrana, 27 anos; o impresor e xestor provincial Ramiro Paz Carbajal, 45 anos, e o secretario do partido galeguista Víctor Casas Rey, de 36 anos. Todos eles foron acusados dun delito de traizón á patria.

A pesares de que, xunto co caso de Bóveda, trátase do xuízo que tivo máis repercusión na cidade e do que se teñen escrito varias publicacións, non está de máis facer unha breve lembranza do sucedido.

A causa que lles foi instruída leva o número 660/36. Como en todas elas, os informes emitidos polas forzas de seguridade e os testemuños de determinados axentes son determinantes nos alegatos do fiscal e na condena. As manifestacións das testemuñas, por moi relevantes que foran por ser de persoas ou institucións afectas á nova situación, como foi o caso, non valían de nada. A celebración do xuízo acostumaba a ser unha posta en escena do que xa estaba determinado de antemán. Así sucedeu na vista celebrada os días 30 e 31 de outubro de 1936 no pazo da Deputación pontevedresa. O fiscal Manuel María Puga Ramónrenunciou ao interrogatorio de testemuñas; o seu informe remata manifestando que, no plano particular, non ten nada que alegar respecto aos procesados, pero si no político, pois estes homes 
son como los de Asturias, los de Madrid, los de Valencia, los de Cataluña, que matan a nuestros hermanos y quieren impedir que el Ejército unido al pueblo salve a España. (Diario de Pontevedra, 31-10-36)

A liña de defensa dos comandantes López de Roda e Sanmartín centrouse en adxudicar aos procesados un papel secundario, pois acudiran ao goberno civil para informarse da situación; no caso do capitán Rico, logo de renderse o gobernador, incluso participou, xunto cos sublevados, na toma do concello.

Pero, como xa dixemos, as acusacións presentes nos informes policiais caracterízanse pola súa virulencia, destacando neste senso as asinadas polo comandante Joaquín Velarde da Guardia Civil. A modo de exemplo recollemos algunhas:

  Contra Juan Rico, tal como se alegou por parte do acusado, apréciase unha especial animosidade, corroborada polo trato infamante que lle dispensou durante o tempo en que estivo detido no cuartel da Guardia Civil pontevedresa. Di o informe: 
De ideas avanzadas como vino demostrando frecuentemente en todos sus actos. Se acompañaba constantemente del Doctor Caamaño, reuniéndose con todos los directivos de la extrema izquierda [...]En la resistencia que los elementos extremistas proyectaban contra el Ejército en Julio último en Pontevedra tomó parte activísima, llegando incluso a repartir a los comunistas las pistolas de los guardias de asalto que el mandaba.

Sobre Amancio Caamaño, persoa moderada, que abandonara Izquierda Republicana por non estar conforme coa participación na Fronte Popular, un informe datado o 15-9-36, acúsao, entre outras cousas, de perseguir a persoas de dereitas e ás monxas do Hospital do que fora director, de darlle “un matiz de carácter marxista”á Sociedade de Artesáns da que foi presidente, de intervir en mitins de propaganda esquerdista e de ser masón. A acusación de masón era certa pois foi membro destacado da loxa pontevedresa Helenes 7.

De Ramiro Paz afírmase:
Comunista. Editor del periódico semanal de la misma ideología titulado La Hora, propagandista peligroso [...] Su conducta política mala.
 A mentira sobre as súas ideas políticas está á vista pois Ramiro era un destacado dirixente socialista e La Hora tamén seguía esa liña, por moito que aínda agora algunhas publicacións a cualifiquen de comunista. De nada valeu tampouco o eloxioso informe sobre a súa conduta asinado pola superiora das monxas do Hospital, o administrador e médicos, no que destacaba a sinatura do administrador Bernardino Fondevila ou o médico Enrique Marescot, moi alonxados ideoloxicamente do impresor socialista.

Outro dos acusados, Paulo Novas, é cualificado por Velarde de “ azañista furibundo y persona muy influyente durante el tiempo que imperó el Frente Popular.” De nada valeron informes como o do que fora cura de San Adrián, Juan Salgueiro, do que non me resisto a deixar de copiar algúns parágrafos moi significativos:
Con toda verdad certifico que su conducta como maestro en la referida escuela fue intachable [...] y enseñando con celo el catecismo de la Doctrina Cristiana. Era defensor de la propiedad, religión, familia cristiana, mostrándose enemigo del judaísmo, marxismo y masonería, siendo defensor entusiasta de España, sin resabios separatistas.

De Víctor Casas, director de “A Nosa Terra”, aparte das súas tendencias separatistas e de participar na campaña pro-estatuto, tamén o acusan de influír sobre as “juventudes extremistas” e de ser un perigoso extremista dentro do marxismo local. Ao mestre Benigno Rey considérano participante en reunións clandestinas con elementos masónicos, espiritistas e políticos de extrema esquerda.

Evitamos amosar máis informes pois a anterior é unha mostra suficiente do cariz dos mesmos.

O tribunal estivo presidido polo coronel Víctor Landesa Domenech, o defensor de Rico, Bernárdez, Caamaño, José Adrio e Germán Adrio foi o comandante de infantería Manuel López de Roda e o resto foron defendidos polo tamén comandante Francisco Sanmartín Carreño. A sentencia condénaos a morte e aprecia
circunstancias agravantes de la perversidad de los procesados demostrada en sus pésimos antecedentes como revolucionarios y de la transcendencia de los hechos que realizaron que fueron causa de que hubiese muertos y heridos en Pontevedra y que pudo ocasionar el fracaso de las tropas en dicha ciudad.

Os reos entraron en capela na escola Normal ás catro da mañá do 12 de novembro; celebrouse unha misa á que acudiron Amancio Caamaño, Telmo Bernárdez, Juan Rico e Germán Adrio “comulgando los cuatro con gran fervor.” O relato do Diario de Pontevedra especifica “ en el campo de la ejecución, excepto uno, todos besaron el crucifijo que les fué ofrecido por el mercedario P. Raimundo, los franciscanos P. Luis y Fray Guillermo y el Vicario de Santa Clara Sr Torres.” Foron acompañados polos defensores, o xuíz e o rexistrador da propiedade señor Ríos Mosquera. No alto da Caeira, foi fusilado en primeiro lugar o capitán Rico que foi degradado e despoxado das súas insignias e condecoracións así como do sable, do que se fixo ademán de rompelo e tirado ao chan, soando as palabras regulamentarias de “la ley le degrada por haberse el degradado a si mismo”; os executores foron gardas de asalto e certificouse a morte como colapso cardíaco. Unha testemuña presencial relatoume fai anos as palabras da súa dona cando lle entregaron o cadáver: “ Juan Rico, que naciste entre sábanas de seda y te entierran entre unas tablas de madera.”

A continuación, unha sección de artilleiros mandada polo tenente José Varela de la Cerda, fusila aos demais condenados que, segundo as certificacións, morren por hemorraxia interna.

Como todos os doce de novembro, témolos no noso recordo.

Corporación municipal de elección popular.

$
0
0

Ese era o nome que recibían, despois de outubro de 1934, as corporacións elixidas o 12 de abril de 1931, que foran cesadas naquela data para ser substituídas por comisións xestoras nomeadas polo goberno dereitista republicano. Terían que esperar ata o triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 para volver desempeñar as súas funcións.
A corporación municipal pontevedresa, como resultado dunha proposta defendida polo concelleiro Lois Bará e aprobada por todos os grupos municipais, rendeu homenaxe o pasado día 28 de novembro aos concelleiros e funcionarios represaliados como consecuencia do golpe militar do 36.
Nesta entrada lembraremos a tres concelleiros elixidos no 31 cuxa morte impediu que fosen repostos no 36; de vivir en xullo dese ano, engrosarían as listas de represaliados, dada a súa significación política antifascista. Trátase de Joaquín Poza Juncal, Arturo Rey Juncal e José Orozco Pereira.
Joaquín Poza Juncalera avogado de profesión. Fora asesor da Caixa Rural de Lérez, director propietario do semanario republicano radical La Libertade, máis tarde, redactor-xefe do órgano de Izquierda Republicana en Pontevedra El País. Dirixente destacado da Federación Republicana Galega, foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931 como membro da candidatura da conxunción republicano-socialista polo distrito de Santa María; acompañábano nesa candidatura Manuel Lorán, Miguel Barca e Francisco Tilve. Destacado propagandista antimonárquico, participou en numerosos mitins defendendo a necesidade dunhas Cortes Constituíntes, convocadas por un goberno que representase xenuinamente a nación, previa renuncia do monarca. Foi elixido deputado nas Constituíntes, xestor provincial e gobernador de Ourense. Presidente de Izquierda Republicana en Pontevedra e membro da masonería na loxa Helenes nº 7, co nome simbólico de Vergniaud. Logo de someterse a unha operación cirúrxica en Madrid, faleceu nesa capital á idade de 35 anos e alí foi enterrado o 28 de setembro de 1934.
El sentido moral, hondo e insobornable, que fué la flor de su carácter, contrastaba con el ambiente corrompido de hoy; su sentido de la justicia no se avenía con las complacencias de los hombres ficticios. El País.

José Orozco Pereiraera albanel, veciño da parroquia de Salcedo; destacado militante obreiro afiliado á Sociedade de Albaneis, integrada na Federación Obreira pontevedresa. Foi elixido concelleiro na candidatura obreiro-agraria e militaba no partido comunista. Faleceu aos 50 anos, deixando viúva e sete fillos; o seu enterro tivo lugar o 18 de marzo de 1935 no cemiterio de Salcedo.
Foi un enterro multitudinario no que, segundo os xornais, participaron máis de 4000 persoas. O féretro estaba envolto na bandeira comunista e foi levado a ombreiros por militantes sindicais; o carro fúnebre portaba “coronas y lazos con colores rojos con expresivas dedicatorias” así como a bandeira da Sociedade de Albaneis. Asistiu a corporación municipal elixida no 31, presidida polo alcalde Bibiano Fernández-Osorio Tafall. Tamén acudiu unha representación da Federación Obreira, presidida polo seu correlixionario Manuel García Filgueira, así como da Comarcal Agraria, encabezada por Víctor Moldes; non faltaron tampouco dirixentes republicanos como José Echeverría e José Adrio, xunto coa práctica totalidade dos funcionarios do concello. A nota discordante, entendida por moitos como unha provocación, foi a presencia dun suboficial e varias parellas da Guardia Civil “enviadas por la autoridad para mantener un orden que no podía perturbarse en aquellos tristes momentos”
No cemiterio, o dirixente agrario de Salcedo Francisco Fernández Blanco pronunciou unha oración fúnebre na que eloxiou ao compañeiro Orozco e exhortou aos militantes obreiros mozos a cubrir o posto que aquel deixaba baleiro. Outros dos oradores foi García Filgueira. Ao remate, os compañeiros e amigos desfilaron diante do féretro facendo o saúdo comunista co puño alzado. No xornal El País podía lerse: 
El País, confeccionado por hombres que rinden el culto más sincero a la democracia, siente como propio el dolor que embarga a la Organización obrera a la que testimonia su profundo pesar y que extiende a toda la familia del finado.

Arturo Rey Juncalera, quizais, a persoa que encarnaba máis fielmente os ideais do republicanismo histórico na capital. Sempre ocupou cargos representativos nas organizacións republicanas e, en marzo de 1931, formou parte, xunto con Amancio Caamaño e Maximiliano Pérez Prego, da comisión encargada de establecer unha alianza entre republicanos e forzas esquerdistas locais. Fora concelleiro republicano durante a monarquía e, en 1931, saíra elixido concelleiro polo distrito de Santa Clara, tendo como compañeiros de candidatura a Tafall, Aurelio Marzoa e José Baladrón.
Arturo Rey presidiu, como alcalde accidental nomeado polo Comité Revolucionario da capital, a primeira sesión da corporación republicana, na que se elixiu alcalde a Tafall con 23 votos, dun total de 27; Arturo Rey ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde. Era membro do consello municipal de Izquierda Republicana. Cando se proclamou a 2ª República rexeitou o ofrecemento para presidir a deputación e só aceptou o posto de xestor provincial ata as destitucións de outubro do 34. Era masón, membro da loxa Helenes nº 7 co nome simbólico de Víctor; fora detido no ano 1930 por participar, xunto cun grupo de coñecidos pontevedreses, en reunións masónicas e multado (tamén Joaquín Poza) con 250 pesetas.
Faleceu o 31 de outubro de 1935. As referencias xornalísticas loan a súa figura:
en cuya vida había un ejemplo resplandeciente de nobleza, de lealtad consigo mismo y con los demás, de consecuencia en los ideales y de rectitud personal acrisolada, de honradez y austeridad inmaculadas.
O féretro foi levado a ombreiros por membros das xuventudes republicanas e obreiras; a condución foi a pé dende a casa mortuoria da rúa Manuel Quiroga ata San Amaro. Os locais de Izquierda Republicana, Círculo Mercantil, Unión Republicana e outros colocaron crespóns negros e bandeiras a media hasta. Houbo diversas presidencias de duelo: a familiar, a do concello de elección popular, a de Izquierda Republicana, co presidente José Echeverría, o secretario Paulo Novás e outros dirixentes. Tamén asistiron representacións doutros partidos: galeguista, con Gómez Román, Bóveda e Castelao; socialista, con Heraclio Botana e Amando Guiance; Federación de Traballadores representada por José Acuña Gallego e Andrés Rey, acompañados de delegados dos diversos sindicatos; Federación Comarcal Agraria; Unión Republicana; Socorro Rojo; Partido Comunista... No cemiterio, Tafall foi o encargado de louvar o amigo e compañeiro falecido.
Arturo Rey foi, como dicía El País, un home “cuya memoria quedará como ejemplo de una vida austera y ejemplar consagrada a la defensa de la Libertad.”

Dentistas rusos: as familias Zbarsky e Kuper.

$
0
0

O vintenove deste mes de decembro cúmprense 78 anos do asasinato do dentista ruso, aveciñado en Pontevedra, Abraham Zbarsky. Noutras entradas temos falado das familias Zbarsky e Kuper e hoxe centrarémonos nalgúns aspectos descoñecidos relacionados coa actividade profesional dalgúns dos seus membros. Aparte da escaseza de documentación, unha das maiores dificultades para o estudo destas familias vén dada pola variabilidade nos nomes que utilizan, que induce a erros nalgunhas das poucas publicacións que se refiren a eles; así, por exemplo, a muller de Abraham aparece denominada, segundo os autores, como Sofía, Sonia (variante rusa do anterior nome) ou incluso Elisa, que realmente era o nome dunha irmá dela. A ascendencia xudía e rusa das familias complica a situación, polas diferentes posibilidades de transliteración no paso ao alfabeto latino.
O proceso burocrático de legalización dos títulos académicos e a obtención das autorizacións para exercer a profesión supuxeron un cúmulo de dificultades. Detrás dos atrancos estaban a férrea oposición dos colexios médicos e de odontólogos, que vían na chegada dos profesionais estranxeiros unha forte competencia, así como a existencia dunha trama de falsificación de títulos académicos e a desconfianza das autoridades cos inmigrantes procedentes de Rusia, polo temor de que fosen axentes encubertos do bolchevismo. Nesta loita os dous bandos xogaron todas as bazas, e non sempre limpas.
O 29 de xullo de 1917, o médico odontólogo Manuel Filgueira publica no xornal Progreso unha carta dirixida ao presidente do colexio de médicos na que lle pide que tome medidas contra o intrusismo:
 ¿Es igualmente legal una autorización concedida a un título ruso que posee un tal Liloimo Mendelecrek Kuper el cual ejerce en esta ciudad de Vigo, Príncipe 67, al decir de las gentes en compañía de un marqués y que según dicha autorización puede ejercer en España como médico cirujano dentista?
 O doutor Filgueira refírese a Schloimo Mendelewitch Kuper, máis coñecido por Simeón Kuper, que tamén aparece nalgúns textos como Victorino Kuper; a variedade de nomes que recibe esta persoa, cuñado de Abraham Zbasrky, suscita sospeitas entre os seus colegas vigueses. Simeón Kuper deféndese de quen sospeitaba do seu título afirmando que estudara nas universidades de Kiev e de Xenebra e que, ademais, cursara a carreira de leis. No ano 1922 aínda ten pendente unha resolución sobre o título, polo que se apraza a orde de suspensión do exercicio como dentista ata coñecer o resultado desas averiguacións. Por se acaso, en 1925 consegue nacionalizarse español.
Avrun Kiva Elewitch Zbarsky Geller [Abraham Zbarsky] exerce en Pontevedra dende o ano 1925, con autorización do ministerio de Instrucción Pública. Será no ano 1931 cando comece unha ofensiva contra el por parte dos colexiados pontevedreses, encabezados por Celso López Blanco e Luis Fontaíña. Celso López fora candidato monárquico no 1931, asinante do manifesto de Unión Regional de Derechas (URD); falanxista logo do golpe, chegaría a ser nomeado secretario provincial da sección sanitaria de FET. Luis Fontaíña foi dirixente do Partido Radical, deputado nas eleccións de 1933, presidente da Deputación e sumouse aos golpistas no 36. Estes dous dirixentes do colexio de odontólogos solicitan aclaración sobre a duración da licencia de Zbarsky, pois nela non consta límite, a diferenza do que ocorría noutros casos semellantes. Abraham deféndese cunha carta aos compañeiros dentistas coa intención de que se
 percate de los procedimientos que contra mi se siguen por parte de los señores Fontaíña y Blanco. Vengo trabajando profesionalmente en esta capital desde el año 1925 sin que se haya producido contra mi queja alguna, y he guardado siempre cordiales relaciones con todos los compañeros odontólogos, a los que respecto y considero. De ellos he recibido en todo momento pruebas de afecto, por lo que les estoy reconocido.
 Lembra que ten autorización do goberno, concedida o 23-6-1925, previo informe favorable do Consejo de Instrucción Pública, “sin fijación ni limitación de tiempo”.
O Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, que abrira un expediente informativo, resolve (4-8-1931) que a autorización é temporal, pero, considerando todo un complexo de circunstancias, e para non causar prexuízos irreparables ao señor Zbarsky, baseándose en razóns de“equidad y humanos principios de hospitalidad”, xa que non está en condicións de volver á súa patria nin de retirarse, fixa un novo prazo de validez de cinco anos a partir da data da resolución. Como o seu cuñado Simeón, Abraham solicitara nacionalizarse español en 1939, pero, a pesar de acompañar a instancia con recomendacións de diversas entidades, entre elas a Unión Patriótica de Primo de Rivera, non lle conceden a nacionalidade.
A muller de Abraham, Scheiva [Cheiva, Schiva] Mendeleva Kuper, usualmente coñecida por Sofía Kuper, era médico dentista licenciada na universidade de Novorossiski e tiña autorización, concedida en 1923, para exercer por cinco anos. Tiña clínica no número 50 da rúa Velázquez Moreno de Vigo. O 6 de febreiro de 1927 resulta elixida para o cargo de Contador do Colexio de Odontólogos, nunhas eleccións nas que a súa irmá Elisa obtivera a posición de Tesoureiro. Aparece nas relacións de dentistas autorizados ata o ano 1928, cando remata o permiso e deixa de exercer; na década dos trinta aparece como socia da mutualidade benéfica de clases sanitarias.
Un fillo de Abraham e de Sofía, Elías Zbarsky Kuper, establecido en Ferrol, tamén terá problemas, en 1933, co colexio de odontólogos daquela cidade, neste caso, por romper o acordo de non prestar servizos ao Exército; os compañeiros repudian o seu comportamento e piden que sexa sancionado. O outro fillo, Jacobo, tamén figura como dentista no ano 36; exercía en Vigo, na mesma clínica que o seu tío Simeón. Foi fusilado en Pontevedra.

A muller e as eleccións en Nuevo Heraldo.

$
0
0
A  participación das mulleres na vida pública incrementouse durante a 2ª República; pouco a pouco incorporáronse a ámbitos nos que a súa presencia era mínima. Este era o caso do xornalismo, sobre todo no de tipo político, no que era difícil atopar artigos asinados por mulleres. Por iso parece interesante reproducir hoxe aquí varios parágrafos dun artigo aparecido na portada do semanario republicano Nuevo Heraldo do 2 de marzo de 1935. Este xornal publicábase na vila de A Guarda. O título era: Impresiones femeninas. Las mujeres ante su deber político e estaba asinado por María del Carmen , de quen non coñezo máis datos e ignoro se se trata dun pseudónimo.  Sexa muller a autora ou sexa home agochado tras un nome de muller, trátase dun artigo moi interesante porque nos fala da mensaxe que se quere facer chegar ao electorado feminino sobre o papel da muller  na vida política e nas futuras citas electorais. En todo o artigo translúcese a consideración do gran papel que tiveron as mulleres de cara á vitoria electoral das dereitas nas eleccións de 1933 e trátase de evitar que volva a suceder.
    Comeza facendo referencia a unhas próximas eleccións nas que ás mulleres, por segunda vez, se lles presentará “el caso de conciencia de orientar la marcha de la política nacional. Y en el modo de interpretarlo dará o quitará la razón a los detractores del voto femenino” pois correspóndenlle ás mulleres comparar e reflexionar sobre a conduta e os feitos dos gobernantes nos últimos anos.
 ¿Qué dicen a nuestro corazón de mujer, de madre, de compañera? Pues si, como afirmó Michelet, la mujer es un barómetro, sólo por las relaciones de su corazón podrá conocer a los defensores de los intereses del pueblo. ¿Los conocimos aquí? Antes es de creer que una vez más las mujeres sufrieron error al suponer que los que durante siglos fueron azote del pobre, podían ser otra cosa que explotadores sin caridad. Ahora mismo contemplamos el espectáculo de dolor que ofrecen los hogares proletarios, a los que se va despojando de las modestas conquistas obtenidas en un “14 de abril”... [...] Nosotras debemos esa justicia a quienes dan su cuerpo al trabajo y su espíritu a una vida superior, moral y material para todo el mundo. Humana y firme aspiración que sus enemigos tradicionales ahogan bajo la consigna de “orden y paz social”; es decir, orden abajo y desorden arriba, en las esferas superiores del mundo social. ¡Cruel sarcasmo!. Mujeres de España: libertaos de ese fanatismo (no religión) que esclaviza vuestra voluntad y os lleva a dar vuestros sufragios a quienes incumplen los mandamientos de una doctrina que ellos mismos sepultaron tiempo ha, bajo el lujo de sus templos. Mientras en ellos destacó siempre la ambición y orgullo de dominio, el pueblo en absoluta miseria e ignorancia, aprendía que la vida era un valle de lágrimas que nadie tenía interés en dulcificar. Si ese amor a la patria de que tanto blasonan fuese cierto, sería amor al pueblo – no hay patria sin pueblo -  y esa realidad nos mostraría al menos la sinceridad de su fe. Pero solo les interesaba el pueblo como cantera de roca viva, como fuerza de explotación sometida a la caprichosa voluntad del mando tradicional y autoritario: religión, familia, propiedad... Y allá, en el fondo, unas masas depauperadas y sometidas, que viven como pueden de lo que queda. A pesar de lo cual el pueblo es lo único que hay aquí con verdadero valor de trabajo, sacrificio y humanidad perdurable. El es el tesoro espiritual de magníficas posibilidades, que un día brillarán al sol en hechos ingentes y grandes debidos a la tenacidad heroica de ese aliento que lleva en sus entrañas, con el cual va forjando reciamente el mañana. Mujeres: desead y luchad por hacer efectiva en nuestra nación aquella frase de Zorrilla: Quiero un pueblo noble y brabo (sic)– que trabaje porque debe – no porque en el trabajo lleve-  el yugo vil del esclavo.

Unha protesta de mulleres pontevedresas.

$
0
0
Cada vez máis están saíndo á luz accións de protesta  e resistencia que tiveron lugar xa nos primeiros anos do franquismo; días pasados tivemos o pracer de asistir a unha interesantísima charla da historiadora Ana Cabana titulada: Mulleres diante. A protesta social nas primeiras décadas do franquismo na provincia de Pontevedra dende a perspectiva de xénero. Esta charla foi unha das actividades que está levando a cabo a concellería de patrimonio histórico do concello pontevedrés dentro da programación sobre a memoria das mulleres.
    Nesta entrada trataremos un caso no que foron protagonistas mulleres pontevedresas no ano 1948.
    Nos chamados anos da fame, singularmente na década dos corenta, a Fiscalía de Taxas cebouse na persecución de persoas, principalmente mulleres, que vendían ou mercaban fariña, patacas, aceite... no chamado “mercado negro”. Era unha actividade de subsistencia mediante un  clandestino mercado paralelo, que sorteaba a escaseza de certos produtos e tamén servía para obter algún beneficio fóra dos prezos oficiais marcados polas autoridades.
    A Fiscalía de Taxas creouse pola lei de taxas do 30 de setembro de 1940 e foi un dos instrumentos encargados de regular o mercado de produtos de primeira necesidade e de investigar e sancionar as infraccións a dita lei. Podía impoñer multas, decomisar mercancías ou clausurar establecementos. Era un dos corpos represores máis temidos nun momento no que actividades consideradas máis graves, como o acaparamento ou a elevación abusiva dos prezos, eran competencia da xurisdición militar con penas que, nos casos máis graves nos que se realizasen con “ánimo de perturbar la economía nacional”, podían ser de reclusión maior ou morte.
    As sancións económicas impostas eran moi numerosas e as sancionadas eran, na maioría dos casos, mulleres; tratábase da persecución do "pequeno estraperlo" pois os negocios do "gran estraperlo", con altísimos beneficios, estaba nas mans de influentes persoas do réxime. Membros da Fiscalía de Taxas e doutros organismos oficiais non foron alleos a prácticas corruptas relacionadas co abastecemento.
    Nesta fase autárquica e dirixista da economía do réxime, o control gobernamental sobre  a produción, almacenamento e comercio de mercancías, singularmente de alimentos, era total. A xeito de exemplo, o 15 de xuño de 1948 un bando da alcaldía pontevedresa  abría un prazo para a declaración da superficie sementada de patacas e legumes “por pequeña que ella sea”; o incumprimento da orde sería considerado como ocultación e os infractores postos a disposición da tan nomeada Fiscalía de Taxas. O 27 de dito mes recórdase aos labradores a obriga de entregar os excedentes de patacas das súas colleitas.
    Neste marco, no mes de maio de 1948, ten lugar na praza de abastos unha protesta de mulleres pontevedresas que da lugar a unha serie de incidentes coa Fiscalía de Taxas. Estes incidentes, como era propio na época, non aparecen nos xornais e pasarían desapercibidos de non ser  polo que contamos a continuación.

 Ás seis da mañá do 10 de xuño, un grupo de policías efectúa un rexistro nun alboio de Marcón e incauta unha multicopista. A máquina estaba dentro dunha caixa de madeira enterrada no chan, protexida por unha lona para evitar a humidade. O cura da parroquia tivo que madrugar aquel día pois aparece como unha das testemuñas do rexistro; esta actuación policial enmarcábase nas operacións de desarticulación da organización pontevedresa do partido comunista.
    Colocado na multicopista aparece un cliché que se corresponde cunhas follas que se distribuíron con motivo dos incidentes relatados; nesta folla o partido comunista recoñece o valor das mulleres pontevedresas e sinala a necesidade de dar maior amplitude a estas accións. Copiamos na súa totalidade o escrito respectando a redacción e ortografía orixinais:

MUJERES PONTEVEDRESAS
Con vuestra valerosa acción del día 14 contra los esbirros de la fiscalia habeis asestado un rudo golpe a la pandilla de asesinos y ladrones que han sembrado la ruina y la desesperación en los hogares españoles. Habeis logrado una brillante victoria, exponente de la fuerza del pueblo, que augura futuras y mas felices empresas.
Ese es el camino, valerosas mujeres. Pero, aún significando mucho, no es suficiente, ES PRECISO DAR A LA PROTESTA UNA MAYOR AMPLITUD; ES NECESARIO SIEMPRE QUE SEA POSIBLE, ORGANIZAR MANIFESTACIONES EXIGIENDO SE DEN SATISFACON (sic) A LAS DEMANDAS DE TODO EL PUEBLO y no solo a las de una  determinada clase o sector. Bien está que se defiendan los intereses de cualquier sector del pueblo frente a los verdugos franquistas, pero teniendo siempre presente los intereses de las demas clases que gimen bajo la tirania franquista.
Marchando unidos, se multiplica la fuerza del pueblo en el momento de plantear ante las autoridades falangistas las reivindicaciones populares. Las probabilidades de victoria son asi infinitamente mayores. Con ello dareis un paso para restablecer la REPUBLICA en nuestra querida Patria que volvera a traer a nuestros hogares la paz el bienestar y la abundancia que nos fueron arrebatados por los traidores fascistas sublevados en 1936 al servicio de extranjero.
Mujeres pontevedresas: Exigid el Mercado Libre. Reclamar el aumento de racionamiento. Protestar energicamente contra los intolerables abusos de los esbirros de Franco. Impedid con buestra (sic) acción que continue la obra vandalica de los espoliadores (sic) del pueblo que venden nuestra Patria a los capitalistas estrajeros (sic). La República y España. ADELANTE MUJERES PONTEVEDRESAS.
El Comité Local del Partido Comunista de España.
    A través de diversos testemuños podemos saber quen foi o redactor do escrito: o mestre e militante comunista Carlos Crespo Alfaya.  El era unha das persoas encargadas de recoller información sobre actos de protesta pública contra o réxime para publicalo na prensa clandestina, principalmente Mundo Obrero. Neste caso, ademais da redacción, encargouse de elaborar o cliché e entregalo ao responsable da multicopista. Sirva esta entrada de lembranza para Carlos Crespo Alfaya, os que o coñecimos terémolo sempre no grupo dos bos e xenerosos.
Imaxe: Cupóns de racionamento.

Atilano Godoy Calvelo: Tenorio, Marín, forte de Ezcaba.

$
0
0
O vindeiro xoves achegarase a Pontevedra Fermín Ezkieta, autor do libro “Os fugados do forte de Ezcaba”; falará sobre o sucedido na fuga que tivo lugar nesa prisión navarra o 22 de maio de 1938. Moitos dos fugados foron galegos, entre eles algúns pontevedreses que alí cumprían condena.
Un deles foi o  nativo de Tenorio (Cotobade), aveciñado en Marín, Atilano Godoy Calvelo. As circunstancias e a data da súa morte aparecen reflectidas de xeito contraditorio na documentación oficial. Na páxina los fugados de ezcaba 1938 trátase o caso e cóntanos como, no rexistro de Cotobade, inscríbese nunha anotación á marxe como fusilado en Juslapeña o 25 de maio de 1938; no rexistro de Ansoain figura como morto en Esteribar e como causa da morte aparece que “resultó muerto por la Fuerza pública encargada de su captura al hacer armas contra ella.” Trátase da acostumada terxiversación oficial  do que, en realidade, foi unha  caza do home contra os fugados.
Nesta entrada non imos falar destes feitos senón dos que deron lugar ao encarceramento de Atilano.
Atilano Godoy nacera en Tenorio o 1 de abril de 1915, estaba solteiro e traballaba en Marín de panadeiro. A principios de agosto sucédense unha serie de detencións de mozos e mozas acusados de participar nos rexistros de varios domicilios marinenses na procura de armas. Entre os detidos atopábase Atilano; no interrogatorio a que foi sometido o 16 de setembro, manifesta que, o 20 de xullo, atopárase cunha serie de persoas, das que coñecía a José García Busto (“paseado” o 5 de agosto), que lle dixeran que os acompañase a rexistrar casas; el dixéralles que non ía e ameazárono con que o suspenderían no seu traballo e que non pasaría nada, pois levaban unha orde do alcalde. Indica que foi ameazado por Busto, que non levaba armas e que pertencía á Sociedade de Oficios Varios para poder traballar.
    O informe do concello indica que estaba afiliado ás xuventudes marxistas, das que era elemento destacado pois era considerado xefe e que dirixira os asaltos e rexistros en casas particulares, aplicándose igualmente á propaganda  das súas ideas dentro e fóra da localidade.
 Xunto con outras persoas foi encartado na causa 1286/36; o seu defensor foi o capitán de artillería Rafael Reyes. O consello de guerra tivo lugar en Pontevedra o 19 de decembro de 1936.
    Nun dos resultandos da sentencia consta:
 Que en la Villa de Marín de esta provincia, secundando órdenes del Gobernador, desde el día veinte y siguientes del mes que se cita, el Alcalde y directivos del Frente Popular agotaron los medios a su alcance para la recluta de personal y material con que oponerse al Ejército, organizando partidas armadas integradas por los afiliados políticos y sindicales, los que requisaron armas y practicaron registros domiciliarios con tal fin y así, los procesados en esta causa, formando grupo allanaron las moradas de los vecinos DON JOSÉ ALCÁNTARA, DON LUIS NUÑES Y DON EZEQUIEL MASONI (sic), distinguiéndose entre ellos el ATILANO GODOY, que empuñando pistola amenazó a los propietarios que a su vez fueron objeto de insultos por parte de las tres mujeres procesadas.”
Condenan a Atilano á pena de reclusión perpetua coa accesoria de  interdición e inhabilitación absoluta perpetua. Ramona e Adelina Otero, Asunción Vilas e Ignacio Caeiro impóñenlles doce anos e un día e a Ricardo Soto 15 anos de reclusión.
Sirvan estas letras de lembranza para Atilano e para todos os fugados do forte de san Cristóbal.

Mulleres nas requisas.

$
0
0

 Para Queta Molas e compañeiros e compañeiras da asociación para a recuperación da memoria histórica de Marín, polo seu traballo exemplar e compromiso coa verdade, a xustiza e a reparación.
 
Na entrada anterior falamos de Atilano Godoy e dos feitos que o levaron a estar preso e ser fusilado no forte de san Cristóbal. Nos rexistros efectuados o 20 de xullo en Marín, nos que foi acusado de participar, estivo acompañado por numerosos militantes da Fronte Popular, que tamén foron xulgados con el na causa 1286/36. Entre eles estaban catro mulleres ás que se lles abriu sumario; elas van ser as protagonistas desta páxina.
O seu calvario comeza a principios de agosto de 1936 cando o delegado gobernativo en Marín, José Alcántara Fernández, acompañado de varios gardas cívicos, de madrugada, presenta no cuartel da Guardia Civil a
cuatro individuas una de ellas Presidenta de la Confederación de trabajadoras, las cuales se dedicaban acuacionar (sic) a las mugeres (sic) y otras se dedicaron el día veinte por la tarde en unión de varios jóvenes a efectuar registros domiciliarios. (Causa 1286/36. AMIN)
 Entre os domicilios rexistrados falábase do do propio Alcántara, de Maestúe do de Ezequiel Massoni.
A Guardia Civil comeza os interrogatorios.
 Dolores Santiago Troitiño, de 32 anos, solteira, veciña de Cantodarea, era presidenta da sociedade de chaboleiras e empacadoras e nega as acusacións que se lle fan.
Antonia [Ramona] Otero Martínez, 28 anos, Cantodarea, recoñece que, logo de estar no concello xunto con multitude de xente, foi requirida por unha comisión de persoas para acompañar nos rexistros de casas, cousa que fixo, sen entrar dentro dos domicilios, ata a saída dos militares, momento que aproveitou para fuxir cara á casa.
A irmá da anterior, Adelina, 23 anos, manifesta que estivera na zona do concello, que se deron á fuga ao saír as tropas e que, de camiño, viron como se rexistraba a casa de Eusebio Santiago. Recoñece que o primeiro de maio, foi á xira campestre en unión da súa irmá e os comunistas “formados y uniformados como igualmente la declarante y su hermana.”
Estas irmás eran coñecidas polo alcume de “As Casqueiras” que na causa converten en “Las Canasteras” e Antonia parece ser que se chamaba Ramona aínda que nas declaracións asina como Antonia.
Asunción Vilas López, 23 anos, solteira, domiciliada en As Pedreiras (Lourizán), coincide no relatado polas anteriores e proporciona máis detalles sobre os actos do primeiro de maio aos que asistiu 
en unión de los comunistas y milicias socialistas que fueron formados a la jira (sic) campestre que tuvo lugar al punto conocido por la Raña, al frente de estos en primera fila iba la declarante con la Avelina (sic) y Antonia [Ramona], vestidas algunas contrage (sic) rojo pero la que dice lo llevaba azul. (Causa 1286/36. AMIN)
Ezequiel Massoni declara que lle rexistraran a casa logo de ameazalo cunha pistola e que só coñecía dos participantes a unhas irmás coñecidas por Las Canasteras. Outra testemuña acusa a Antonia [Ramona] e Asunción de entrar nas casas, rexistrar habitacións e mobles así como de cachear ás mulleres.
O informe do concello atribúelles mala conduta e profesar ideas políticas de extrema esquerda.
O instrutor non atopa cargos contra Dolores Santiago Troitiño, polo que queda fóra da causa, aínda que fai constar o cargo sindical que ocupaba e indica que percibía como retribución por desempeñalo a cantidade de cento cincuenta pesetas mensuais.
O consello de guerra tivo lugar o 19 de decembro de 1936 e a sentenza considera a Ramona, Adelina e Asunción como autoras dun delito de auxilio á rebelión e condénaas á pena de doce anos e un día de reclusión.
As tres estiveron presas no tristemente celebre cárcere de Saturrarán, en Mutriku (Guipúscoa).

Pontevedreses no forte de san Cristóbal

$
0
0
"Non des a esquecemento"é o título dun blogue no que, dende fai tempo, cóntannos historias de vida de persoas que padeceron a represión. Ao seu autor, Lois Bará, vai adicada esta entrada, pola súa sensibilidade e compromiso, ao longo de moitos anos, coa historia esquecida.

No universo carcelario do franquismo hai unha serie de prisións míticas como San Simón, O Dueso, Saturrarán, Figueirido, o forte de San Cristóbal, Valdenoceda... que foron lugar de sufrimento para moitos presos e presas que, nunha sorte de “turismo” carcelario, foron desprazados da súa terra nun castigo engadido á condena orixinaria.
Imos lembrar nesta entrada a veciños do concello de Pontevedra que participaron na fuga do 22 de maio de 1938 e tamén a aqueles que, presos no penal, optaron por quedarse na prisión ou que faleceron antes da fuga.
Foron tres os veciños da capital pontevedresa que participaron na fuga e que foron capturados polas tropas franquistas ou polos requetés:
José Arribas Hermida, natural de Lérez e casado en Mosteiro, foi dirixente da Fraternidade Obreira dos Agricultores e alcalde republicano daquel concello. Condenado a cadea perpetua, participou na fuga, foi capturado e condenado por este feito a 17 anos 4 meses e un día por auxilio á rebelión.
Timoteo Blanco Abal era xoieiro. Foi condenado a reclusión perpetua por participar nos rexistros domiciliarios en Campo Lameiro en xullo do 36. Anos despois, tras a caída do aparato do partido comunista, volve a ser xulgado na Coruña (causa 36/47), por dar apoio e aloxamento ao pontevedrés Alejandro Gama. Condenado a 1 ano de prisión.
Maximino Domínguez Ramírez, de 52 anos, mariñeiro, vivía no barrio da Moureira e estaba emparentado cunha familia que sufriu moita represión: os Fariña. Estivera fuxido e, tras entregarse, foi xulgado; estivo preso tamén na illa de san Simón. (Información facilitada por Montse Fajardo)
Os presos que non participaron na fuga foron:
Laureano Bao Rúa. Canteiro, 43 anos, un dos seus irmáns (Gerardo) fora fusilado en Pontevedra. Laureano foi xulgado en Ourense. Morreu por embolia cerebral o 11 de decembro de 1937.
Raúl Casados Besada. Tiña 22 anos, latoeiro,  xulgado en Tui por rebelión militar.
Eladio Fernández Leiro residía en Bilbao onde estaba destinado como garda de asalto. Era natural da parroquia de Bora, estaba solteiro e tiña 29 anos. Foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua. Dado de baixa no corpo de asalto o 17 de setembro de 1937. (BOE 19-9-37)
Ciriaco Licer Cons era baldeiro (nalgunhas fontes aparece como dependente) e tiña 35 anos. Encartado na causa 1098/36 por participar en requisas de armas en Xeve. Xulgado por un delito de rebelión militar foi condenado a morte, que posteriormente foi conmutada pola de cadea perpetua. Pasou a prisión atenuada o 26-8-1940.
Modesto David Pérez Estévez.Oficinista de 25 anos, estaba condenado a reclusión perpetua por un delito de rebelión militar.
Francisco Rio Barros foi xulgado en Ferrol por traizón e tiña 67 anos.
Juan Silva Názara tiña 22 anos, xulgado en Pamplona e condenado a cadea perpetua.
Vicente Soto Martínez. Era mestre, socialista, 25 anos. Participou na defensa do goberno civil pontevedrés e na requisa de armas. Un informe da Guardia Civil considerábao De dudosa conducta y antecedentes, simpatizante del frente popular, propagandista de izquierdas. Condenado a cadea perpetua por rebelión militar.
Un caso aparte foi o de Nemesio Laya que, ao parecer, tivo unha actitude contraria á fuga, segundo se desprende de diferente documentación.
Nemesio Laya Abal , traballaba de representante de seguros, era nativo de S. Vicente de Nogueira (Meis) pero veciño de Pontevedra; o 20-11-36 fora condenado por participar en requisas de armas en Xeve. Segundo os informes policiais era de extrema esquerda. En San Cristóbal ocupou postos de confianza: escribinte, ordenanza da xefatura de servizos...Foi indultado por Franco xunto con outros presos que non secundaron a fuga “distinguiéndose notablemente por su actuación en favor del restablecimiento del orden”, “cooperando en el sofocamiento de la rebelión tumultuaria”. Non teño referencias de como foi a súa colaboración pero rebaixáronlle 2/3 de condena. O 19 de xullo de 1940 obtén a prisión atenuada no seu domicilio.

María Alonso Perez, mestra de Mourente.

$
0
0

Adicado a Helena Torres, Mª Xesús Escudeiro e Montse Fajardo, coordinadoras
 da exposición "do Gris ao Violeta"
A la Yglesia no la ví nunca en ésta, ni aún en aquellas solemnidades que por su rango o tradición atraían a los mismos descreídos de Mourente, tampoco figura para nada en los anales parroquiales.
Deste xeito informa o cura párroco de Mourente, Ignacio Triñanes Fariña, de tan mala lembranza na parroquia, sobre a mestra da escola de nenas número 1 María Alonso Pérez. Continúa coa afirmación de que arrancara da porta da entrada da escola unha estampiña do Sagrado Corazón e, o primeiro de maio, adornara de xeito extraordinario o balcón “para regodearse luego con la chusma callegera (sic), como lo hizo, mientras la gente se encerraba en sus casas."Aínda así recoñece que “En lo restante de la enseñanza, muy bien.”
María foi unha das mestras suspendidas polo gobernador Macarrón o 31 de agosto de 1936.
O complexo proceso de depuración e revisión que padeceu é unha mostra clarísima da parcialidade e falla de consistencia, amen da falsidade, dos informes emitidos; pode constatarse como as mesmas institucións (Guardia Civil, Concello...) emiten informes totalmente contraditorios, podemos sospeitar que dependendo das influencias, en contra ou a favor da mestra, de diversos persoeiros. Vexamos algúns exemplos:
a un (sic) cuando no pertenece a ningún partido político es afecta al Frente Popular donde militaba su esposo, en la escuela según versión pública hizo retirar el crucifico (sic) y los niños que tenían estampas en los libros se los hacía romper y acosejaba (sic) la no asistencia a la iglesia.(Informe Guardia Civil, 25-2-37).
ha observado y observa intachable conducta moral, pública y privada, goza de igual concepto en el orden profesional y religioso, es apolítica sin que figure afiliada a ninguna sociedad ni organizaciones de resistencia y está considerada como afecta a la Causa Nacional. (Informe Guardia Civil, 16-9-39)
es de buena conducta, simpatizante del marxismo ya que cuando venían de su parroquia manifestaciones de ese carácter adornaba el balcón de la escuela. Se la considera antirreligiosa por haber arrancado la estampa del Sagrado Corazón de Jesús de la entrada, así como por aconsejar a las niñas y premiarlas para que no fuesen a la iglesia. (Informe concello, 4-3-37)
según datos proporcionados por Agentes de Autoridad y testimonio de personas veraces, es de intachable conducta. (Informe alcaldía, 2-9-36)
 Os dous últimos informes son asinados pola mesma persoa: o alcalde Eladio Becerril.
Logo da suspensión inicial, o reitorado sanciónaa cun mes de suspensión e volve a ocupar o seu posto; o informe da inspección, asinado por Gerardo Álvarez Limeses, recolle as diversas acusacións que se lle facían e considera que “ la conducta de esta maestra no es en el orden ciudadano ni el profesional de las que pueden considerarse ejemplares, siendo calificada solamente de “regular” por la Inspección”; propón a sanción dun mes de suspensión.
Pero a postura máis dura contra a mestra virá da man da Comisión Depuradora pontevedresa que, con data 27 de abril de 1937, acorda sancionala coa separación definitiva do ensino baixo a acusación de: Anticatólica, simpatizante do Frente Popular, aconsellar e premiar ás nenas para que non fosen á igrexa e de adornar a escola o primeiro de maio con motivo da “fiesta del marxismo”. De nada valeron as consideracións que aparecen no informe asesor, que consideraba demasiado dura a sanción por non atoparse debidamente comprobados os cargos máis graves polo que propoñía a suspensión por dous anos e traslado.
Contra estas sancións, María presenta diversos escritos de alegacións nos que desmonta punto por punto as acusacións e reitera os innumerábeis informes e testemuños que acreditan a súa conduta.
En xuño de 1939 mantén que os informes acusatorios están “desprovistos de todo fundamento y no ajustados a justicia y verdad.” Por aquelas datas o cura Triñanes foi chamado a comparecer diante da comisión depuradora e ratifícase no informado, pois aínda que en 1937 e 38 a mestra cumprira o precepto na parroquia, non había nada que puidera modificar o afirmado sobre a súa conduta no “período revolucionario.”
En abril de 1940, a comisión superior dictaminadora dos expedientes de depuración recoñece que os documentos aportados pola mestra desvirtúan “en su casi totalidad”os cargos e admite que os relativos á súa actuación relixiosa estaban baseados principalmente nos informes do párroco de Mourente que “disminuyendo sucesivamente la gravedad de sus acusaciones”acabaría por manifestar finalmente que “no figuró nunca en los anales de la parroquia.” A sanción revísase e convértese en traslado dentro da provincia, perda de haberes no tempo da suspensión e inhabilitación para cargos directivos e de confianza en institucións culturais e do ensino. (Orde do 24-4-40).
María Alonso solicita a revisión da sanción, aporta certificados como o do servizo de información e investigación de FET y de la JONS, no que se afirma que é persoa afecta á Causa Nacional e de conduta pública, privada e profesional intachable. A mestra conta co apoio da influínte familia Olmedo da que era empregado o seu home, afiliado a Unión Republicana. Lembra a documentación aportada no expediente: Declaracións favorables dos pais das nenas das escolas nº1 e 2 nos que testemuñan a súa “adhesión incondicional al buen proceder sobre lo religioso y excelente conducta profesional”; testemuños ao seu favor do médico Loureiro Crespo, de significados gardas cívicos e militares veciños, de José Olmedo, do alcalde de barrio José López Fondevila, do alcalde de Pontevedra, capeláns do Asilo e do Hospital, do tenente coronel da Guardia Civil, do delegado de Orden Público, recibos de ter cumprido o precepto pascual o ano anterior ao golpe e de contribuír ao sostemento do Asilo e axudar o clero.
Nesta alegación apunta á posible causa da persecución sufrida:
 Ni siquiera, aún poniéndose en juego todos los resortes de la intriga y de la pasión política por personas de marcado carácter galleguista, que tenían y tienen interés por ocupar su Escuela, ha podido ser objeto de la más mínima sanción de orden económico ni de ningún otro por las Autoridades Civiles ni militares.
 Asegura que esa intriga derívase da súa defensa do dereito a ocupar a escola de nenas nº1, no Camiño Novo, e que, logo de serlle adxudicada por concurso, atopouse con que estaba ocupada por outra mestra porque
 el Inspector de zona, de ideología galleguista, trasladó sin doctrina legal a la Maestra (de familia también galleguista) de la Escuela nº 2, [Casas Novas] que venía sirviendo muchos años, para la nº 1.
Certa ou non, a acusación parece referirse á mestra Josefa Iglesias Vilarelle e ao inspector Gerardo Álvarez Limeses, os dous antigos membros de Dereita Galleguista, grupo que na práctica totalidade adoptou unha postura colaboracionista cos sublevados. Temos documentada a existencia de reclamacións feitas por María contra as irregularidades na localización destas escolas ata a resolución definitiva (BOE 22-5-34) que concede a razón a esta mestra.
Por fin, o 23 de xaneiro de 1941, rematan as penalidades da depuración para esta mestra pois a revisión do expediente determina a confirmación no seu posto.

Fontes: Documentación Archivo General de la Administración, BOE, xornais da época.

A Tapatía guerrilleira.

$
0
0

O vindeiro 18 de abril, en Abellá (Frades) terán lugar unha serie de actos “na memoria dos tres Manueles”, Manuel Ponte, Manuel Díaz e Manuel Rodríguez, que atoparon a morte en Fontao o 21 de abril de 1947.
En xaneiro dese mesmo ano, máis de dúas ducias de gardas civís, policías e un funcionario do departamento de Información do Movimientodetiveron ao veciño de Rutis, Ramón Seoane Suárez; entre os obxectos incautados figuraba un papel escrito a imprenta coa letra dunha canción e que indicaba no seu encabezamento que debía cantarse co ritmo da “Tapatía.” Este escrito aparece na documentación da causa 36/47 contra o pontevedrés Alejandro Gama e outros (AIMN) e que utilizamos para a transcrición.  ( Unha versión con pequenísimas variacións xa foi publicada por Luis Lamela no Anuario Brigantino nº26 en 2003 nun interesante artigo sobre a “guerrilla del llano”)
A Tapatíaera unha canción mexicana moi coñecida e que interpretaba o actor Jorge Negrete na película “Así se quiere en Jalisco”.
Ay que orgullo tengo de ser camarada
de ser camarada de los guerrilleros
que están en el monte
y entregan su vida para liberarnos de esta tiranía.
¡Vivan las guerrillas!
Aquí no queremos Franco ni Falange
que son los culpables de nuestra ruina
sino que queremos a hombres valientes
como Manuel Bello y Cristino García
¡Vivan las guerrillas!
Yo tengo el orgullo de ser un marxista
y estar afiliado con los comunistas
donde nos juramos con la propia vida
terminar con Franco y con su pandilla
¡Vivan las guerrillas!
Valientes guerrilleros
cunplir (sic) con vuestra consigna
que es de terminar con Franco
Falange y su camarilla
Gritos de la libertad en horas de fuego
esa es la consigna de los guerrilleros
Vivir en el monte
luchar con denuedo
para libertar
a los hijos del pueblo.
¡Salud guerrilleros!

Manuel Bello e Cristino García foron guerrilleiros executados no ano 1946.
Esta canción non debeu ser cantada moitas veces en voz alta pois as circunstancias non eran as máis axeitadas. O día 18, nas terras de Abellá, no pensamento ou a viva voz, estarán presentes os sons da Tapatía guerrilleira.
Viewing all 229 articles
Browse latest View live